Citania: Artes, Letras, Espectáculos
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Citania: Artes, Letras, Espectáculos artes, letras, espectáculos | |
---|---|
Fundación | Primavera - Verán 1998 |
Remata | Primavera - Verán 2003 |
Director | Euloxio R. Ruibal María Antonia Pérez |
Lingua | Principalmente galego |
Localidade | Santiago de Compostela |
Periodicidade | Semestral |
Prezo | 1.800 pta/ano (10,82 €) |
ISSN | 1139-3092 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A revista Citania: Artes, Letras e Espectáculos[1] foi unha revista creada por Euloxio R. Ruibal [2] no ano 1998 e posteriormente dirixida por el e máis María Antonia Pérez. A súa base sitúase en Santiago de Compostela e publicou un total de catro números até o ano 2003.
Era unha publicación de carácter crítico arredor das disciplinas artísticas do momento e a súa relevancia, enfocándose nas artes gráficas, escénicas e na literatura nas súas diversas variedades. Contou con múltiples colaboradores en cada un dos seus números sendo algúns deles habituais.
A esta revista asóciase á Galería Citania tamén dirixida por Euloxio R.Ruibal[3][4]. É importante ter en conta que a revista non ten conexión coa Editorial Citania.
Historia
[editar | editar a fonte]Citania, a revista, publicou o seu primeiro número no ano 1998 , da man de Euloxio R. Ruibal e María Antonia Pérez. Aínda que non tivo unha gran cantidade de publicacións (só publicou catro números), o seu contido artístico tivo un bo acollemento por parte de moitos autores e artistas que axudaron a creación de contidos e mais publicacións.
Un dos puntos fortes de Citania, a maiores do seu estilo crítico, foi a gran diversidade e variedade das creacións que nela se publicaba, xa que os temas tratados variaban desde críticas centradas no campo da literatura comparada até a publicación de obras de teatro, poesía ou narrativa.
A creación desta revista débese principalmente ao impulso e apoio que deron Euloxio R. Ruibal e María Antonia Pérez , incansábeis activistas que foron os principais promotores da súa creación, aportando a idea e iniciando un achegamento aos escritores do momento.
A intencionalidade da revista nun inicio era poder ofrecer un punto de vista crítico sobre a arte do momento e no cal puideran participar grandes ilustres.
Intencionalidade
[editar | editar a fonte]Citania pode considerarse unha revista cunha gran diversidade en canto a súa temática, principalmente cun punto crítico e científico, mais tamén se consideraba unha revista de entretemento e ocio. Isto comprobase nos diferentes apartados e temáticas que nela encontramos, así como na sección “ Artigos” onde temos artigos de opinión crítica por parte dos autores e expertos no tema a tratar. No extremo oposto, encontramos obras de teatro ou unha sección de poesía para que o lector se poida recrear.
Contidos xerais
[editar | editar a fonte]Os catro números da revista teñen unha estrutura similar. Nalgúns números algunhas seccións son substituídas por outras mais a esencia principal da revista non desaparece; no primeiro número hai unha sección exclusiva adicada a estudios mentres que perdemos a sección de críticas de libros. A estrutura principal da revista que continuará en todas as posteriores son: artigos, creación, crónicas, libros, notas e conversa.
Citania comeza cun aspecto máis xeral para finalizar creando unha estrutura practicamente uniforme na que destacan seccións como o espazo destinado a novas creacións, as crónicas, as críticas de libros... e remata sempre cunha conversa entre persoas de interese cultural e unha sección de notas. Así mesmo, podemos observar en todos os exemplares unha listaxe final de todos os colaboradores que participaron nese número.
Colaboradores
[editar | editar a fonte]A revista contaba cunha serie de colaboradores pertencentes a Universidades tanto de Galiza ( Chema Paz Gago da UDC e Alberto Ruíz Samaniego da Universidade de Vigo), como do resto de España (Camilo Fernández de Valdehorras da Universidade de Barcelona e Enrique Herrera da Universidade de Valencia). Tamén contou con participación do estranxeiro como Germán Gullón da Universidade de Ámsterdam e Emmanuel Larraz da Universidade de Provenza. Por outra banda, a revista contou con colaboradores como Raúl Dans, (guionista en RNE e RCE), Sury Sánchez (autora dramática, actriz e profesora de expresión corporal) ou Mario Camus (guionista e director de cine), todos eles colaboradores da revista moi ligados ao mundo artístico.
Revista 1
[editar | editar a fonte]Estudios
- Emmanuel Larraz
- Inmaculada López Silva
- Alberto Ruíz de Samaniego
- Juan José Amate Blanco
- Rosa Vázquez
- Vicente Araguas
Notas
- Anxo Abuín
Creación
- Nélida Piñón
- Xosé Castro, (Guión: Euloxio R. Ruibal)
- Eloy Rivera
Crónicas
- Chema Paz Gago
- Xosé Coira Nieto
- Luís Costa
- Miguel Vázquez Freire
Conversa
Entrevista de José Luís Fernández a Helmuth Riling e Maximino Zumalave
Revista 2
[editar | editar a fonte]Artigos
- Julio Mirás
- Lourdes Méndez Pérez
- X. L. Aneiros
- Pilar Yagüe
- Euloxio R. Ruibal
Notas
- Mª del Carmen Sánchez Carrero
Creación
Crónicas
- Catalina Mígue Vilas
- Sury Sánchez Montero
- Alejandro Alonso Mª Fernández Montes e David García
Libros
- Marta Palacios
- Inma López Silva
- Euloxio R. Ruibal
Conversa
Conversa entre: Carlos Almuíña Díaz, Xosé Santiago Allegue e Daniel Beiras García-Sabell (Coordinadora da conversación: Mª Antonia Pérez)
Revista 3
[editar | editar a fonte]Artigos
- Germán Gullón
- Jose Luis Fernández García
- Manuel Oliveira
Notas
- Pascual López
Creación
- Arturo Casas
- Ricardo Martínez Conde
- Raúl Dans
Crónicas
- Patricia Fra López
- Ángela Luís Hueso
- Sury Sánchez
Libros
- Inmaculada López Silva
- Mª Teresa Vilariño Picos
- Antonio López Silva
- Cristina Blanco González
Conversa
Conversa entre: Camus, González Herrán, Hueso e Fra
Revista 4
[editar | editar a fonte]Introdución por Ana María Platas
Artigos
- Miguel Sicart Vila
- Fernando Redondo
- José Víctor Carou
Notas
- Henrique Romero Bustelo
Creación
- María do Cebreiro Rábade Villar
- Rosa Aneiros
- Inma López Silva
- Fernando Paredes
- Mario Regueira
- Miriam Sánchez Moreiras
Crónicas
Libros
- Juan Jesús Valverde
- Moldoveanu, Mihail
- Enrique Herreras
Conversa
Conversa entre: Inma López Silva, Alonso Montero, Salvat e Díaz Pardo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Citania, revista de artes, letras e espectáculos". www.vieiros.com. Consultado o 2019-02-05.
- ↑ "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-02-05.
- ↑ García-Bodaño, Salvador. "A Citania das Artes". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-02-05.
- ↑ "Nova etapa da galería Citania dirixida por Cristina Carballedo". La Voz de Galicia. 2011-05-05. Consultado o 2019-02-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Salvador García-Bodaño: Citania artes, letras, espectáculos na Biblioteca Nacional de España.
- Euloxio Rodríguez Ruibal en galiciadigital.com